Este libro é unha porta aberta a unha realidade que a duras penas coñecemos: espalladas por todo o planeta, escondidas das miradas do primeiro mundo, en profunda comuñón coa terra e a natureza, centos de comunidades viven e desenvólvense ás costas do "progreso", tal e como nós o entendemos.
Velaquí un repaso de algunhas destas tribus agochadas, algunhas delas case descoñecidas, que se desenvolven ó ritmo da contorna na que viven desde hai séculos. Teñen moito que nos ensinar.
5º-6º Primaria
3º-4º Primaria
1º-2º ESO