Sabias : la cara oculta de la ciencia / Adela Muñoz Páez
por Muñoz Páez, Adela 1958 [autor/a]
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES da Terra Chá, José Trapero Pardo Sala préstamo | 929 MUÑ sab | 1 | Dispoñible | LED022000014769 |
|
Bibliografía: p. 339-355. Índices
Quen era Enheduanna? E Émilie de Châtelet? Por que os mestres cervexeiros consideran a Hildegarda de Bingen, unha monxa do século XI, a súa mentora? Foi Marie Curie digna dos dous premios Nobel de ciencia que recibiu? Sería posible descifrar a estrutura do ADN sen o traballo de Rosalind Franklin? Por que é tan descoñecida a muller que desvelou a estrutura da penicilina? Que papel tiveron as mulleres durante a Idade de Prata que viviu a ciencia na II República Española?
Neste libro rescatamos a historia dalgunhas das mulleres que fixeron achegas relevantes na ciencia e ao mesmo tempo, para entender por que eran tan raras e hoxe son tan descoñecidas, facemos un percorrido pola historia.
Nesta andaina descubrimos que até ben entrado o século XX as mulleres tiñan prohibido entrar nas universidades e exercer moitas profesións que requirían estudos, e que antes foran expulsadas das bibliotecas dos mosteiros, os centros onde se acubillaban os coñecementos na Idade Media. Tamén descubrimos que as súas historias foron borradas dos anais da ciencia ou que se lles quitaron as súas contribucións.
Hoxe a súa redescuberta é un exercicio de xustiza histórica para que por fin brillen con todo o seu esplendor.