Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Carné de identidade / Mahmud Darwix

por Mahmud Darwix [autor/a]; Sabat, Samar [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Cangas do Morrazo : Barbantesa , 2012 Descrición: 220 p. ; 21 cm.ISBN: 9788493885991.Materia(s): Exilio | Poesía palestina | Refuxiadas | Refuxiados | PalestinaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Ler a Darwix é ler Palestina coa voz dun dos seus poetas máis sobranceiros. A chave, a Oliveira ou a Kufieh son símbolos en ambos, reflectidos nesta escolma de 48 poemas. Neles repásase a historia de Palestina; dende os tempos bíblicos dun Iussof axeonllado, expulsado e enganado; pasando por unha terra que cheira a café, laranxa e mar; ata un territorio apresado entre pedras e silencios. Ademais, Darwix lembra algúns dos seus amores e amizades e recorda que, mala ter un carné sen cifras, ten nacionalidade: árabe. Un árabe famento de liberdade que non cesa na súa procura e que advirte do límite da súa paciencia. Lista(s) nas que aparece este ítem: Primavera dos pobos
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES da Terra Chá, José Trapero Pardo
Sala préstamo
82-P DAR car Dispoñible Primavera dos pobos: Palestina LED022000016962

Nacido en al-Birwa, unha aldea de Galilea, en 1941 baixo o mandato británico, Mahmud Darwix foi expulsado da súa terra en 1948. Despois dun ano coma refuxiado en Líbano, a familia decidiu volver ao que daquela xa era o estado de Israel, vivindo coma ausentes-presentes en Deir al-Assad. Unha vez rematados os estudos de secundaria, Darwix trasladouse a Haifa, onde se uniu ao partido comunista israelí e colaborou con dúas das súas publicacións: al-Ittihad (A unión) e al-Lladid (O novo). O seu activismo político e poético levouno a varios períodos en prisión e a novos exilios: Moscova, Cairo e Beirut, de onde saíu tras a invasión israelí do país. Nos anos seguintes fundou a revista literaria al-Karmel, presidiu a Asociación de Escritores Palestinos e creceu o seu recoñecemento literario, moitas veces musicado por intérpretes coma Marcel Jalife. Con máis de trinta libros publicados, a maioría en verso, Mahmud Darwix morreu en 2008, deixando un gran legado poético que, por primeira vez, ve a luz en galego.

Ler a Darwix é ler Palestina coa voz dun dos seus poetas máis sobranceiros. A chave, a Oliveira ou a Kufieh son símbolos en ambos, reflectidos nesta escolma de 48 poemas. Neles repásase a historia de Palestina; dende os tempos bíblicos dun Iussof axeonllado, expulsado e enganado; pasando por unha terra que cheira a café, laranxa e mar; ata un territorio apresado entre pedras e silencios. Ademais, Darwix lembra algúns dos seus amores e amizades e recorda que, mala ter un carné sen cifras, ten nacionalidade: árabe. Un árabe famento de liberdade que non cesa na súa procura e que advirte do límite da súa paciencia.

1º-2º BAC

Formación Profesional

Coa tecnoloxía Koha