Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Diálogos de mortos; Diálogos mariños / Luciano de Samósata

por Luciano de Samosata [autor/a]; Amado Rodríguez, María Teresa [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Cangas do Morrazo : Rinoceronte , 2017 Edición: 1ª ed.Descrición: 150 p. ; 22 cm + índice de nomes propios.ISBN: 9788492866847.Materia(s): Filosofía | Literatura clásica | Diálogos | Sátira | Humor | Mitoloxía | Hades | GreciaRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Diálogos de mortos trasládanos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí constátase a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos; no máis alá desaparecen as diferenzas que marcan a fortuna, a posición social ou as calidades persoais e só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia da inutilidade dos traballos pasados en vida. Os máis dos humanos non son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemas vitais na existencia post mortem. Ao instruílos as divindades infernais nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento de perplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos, outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha realidade sen ningunha das prebendas anteriores. En Diálogos mariños, os interlocutores son divindades vencelladas ás augas, ninfas, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de xeito cómico. Céntranse case todos nas aventuras amorosas, e destacan os aspectos máis ridículos nun ton amable e lixeiro, sen crítica, como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que quere arrincar un sorriso.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES da Terra Chá, José Trapero Pardo
Sala préstamo
82-T LUC dia Dispoñible Biblioteca clásica LED022000017230
Prestable IES da Terra Chá, José Trapero Pardo
Sala préstamo
82-T LUC dia Dispoñible Biblioteca clásica LED022000017231

Diálogos de mortos trasládanos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí constátase a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos; no máis alá desaparecen as diferenzas que marcan a fortuna, a posición social ou as calidades persoais e só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia da inutilidade dos traballos pasados en vida. Os máis dos humanos non son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemas vitais na existencia post mortem. Ao instruílos as divindades infernais nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento de perplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos, outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha realidade sen ningunha das prebendas anteriores.

En Diálogos mariños, os interlocutores son divindades vencelladas ás augas, ninfas, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de xeito cómico. Céntranse case todos nas aventuras amorosas, e destacan os aspectos máis ridículos nun ton amable e lixeiro, sen crítica, como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que quere arrincar un sorriso.

1º-2º ESO

Coa tecnoloxía Koha